Actividade 37: Sucesións ecolóxicas.
1. Que é unha sucesión ecolóxica?
A sucesión ecolóxica é un proceso natural no que se producen na comunidade ecolóxica unha secuencia de cambios observables no tempo e no espazo. Débese a colonizacións locais e extincións de especies.
2. Como poido ser esa sucesión ata que se declarou o incendio? Era de tipo primario ou secundario?
É posible que fose xa unha comunidade climax, que ese ecosistema chegara a súa máxima madurez e complexidade.
O máis posible é que fose unha sucesión ecolóxica secundaria, xa que a primaria desenvolvese en zonas cun biotopo virxen, e dicir, unha zona carente de comunidade preexistente, como unha illa volcánica.
3. Como varían as especies a medida que avanza a sucesión? que son especies xeneralistas e especies especialistas? cando se acada a comunidade climax?
Aumenta a biodiversidade así como a forza das relacións interespecíficas. Tamén se pode dar o caso de que unhas especies se cambien por outras, é dicir, que chegen novas especies, tamén aumenta o número de nichos, xa que cando se produce a sustitución dunha especie por outra fanse novos nichos, e ocúpanse os xa feitos.
4. Logo do incendio que aparentemente arrasou coa vida do ecosistema plantéxaste se deixar que o bosque volva a rexenerarse ou plantar eucaliptos que crecen rápido e dan moitos cartos cando se cortan. A decisión é túa pero a terás que explicar ...
Como propietario desas terras penso que o mellor sempre é prantar o autóctono, un incendio é algo que pode ocorrer de xeito non premeditado, polo cal non hai porque preocuparse unha vez esté controlado. Por suposte que hai unha perda económica, pero como a diferenza entre chegar a fin de mes ou non non está pagada polo diñeiro que reciba pola miña madeira, prefiro prantar especies autóctonas antes de optar polas invasoras que a pesar do diñeiro que dan, tamén dañan máis o chan, e polo tanto ao resto de árbores, prantas e animais do ecosistema.
Comentarios
Publicar un comentario