Actividade 35: Estudo dun ecosistemas I.
1. Biotopo: Que clima caracteriza a este ecosistema?, cal é a rocha dominante nel? e o relevo?
Ten un réxime térmico moderado, con temperaturas medias mensuais sempre por riba dos 0 °C, e un réxime pluviométrico abundante e ben distribuído ao longo do ano.
2. Biocenose: Indica un vexetal arbóreo, dous vexetais non arbóreos, un animal herbivoro, un animal carnívoro, un animal omnívoro e un animal carroñeiro característicos deste ecosistema.
Un vexetal arbóreo pode ser o carballo ou a castiñeira, por outra parte os non arbóreos poden ser os arándanos comúns que chegan ata o metro de altura ou o lirio dos portos, Dentro do reino animal, neste ecosistema destacamos a figura dos corzos como animais herbívoros e o armiño como carnívoro. Un animal moi perigoso e ademáis omnívoro é o xabarín. Finalmente, o voitre é un animal carroñeiro exemplar desta zona.
3. Indica un exemplo de como un factor abiótico característico do ecosistema inflúe nalgunha das especies que viven nel.
Por exemplo a cabra montesa, unha especie capaz de camiñar por paredes case verticais é un bo exemplo de como as características físicas dun terreo influe na fisionomía das suas especies, así como no seu estilo de vida.
4. Indica un exemplo de como unha especie característica do ecosistema pode influir no biotopo.
As árbores como o abedul axuda a estabilizar o chan do bosque, facendo que sexa máis dificil de fracturarse ou que haia derrubamentos de terra, aemas de dar nutrintes ao solo.
5. Pon un exemplo da influenza dun factor abiótico deste ecosistema sobre outro factor.
Por exemplo algo que se está observando últimamente, a temperatura da auga, que propicia que os seres vivios que habitan nela cambien de zona e incluso chegen especies invasoras.
Comentarios
Publicar un comentario