Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

  Para introducir a unidade ides a buscar as definicións dalgúns conceptos básicos da mesma:


biosfera: A biosfera é unha das catro capas que rodean a Terra xunto coa litosfera (rochas), a hidrosfera (auga) e a atmosfera (aire) e é a suma de todos os ecosistemas. A biosfera é única. Ata agora non se atopou ningunha existencia de vida en ningún outro lugar do universo.

ecosistema: O ecosistema é o conxunto de especies dunha zona determinada que interactúan entre si e co seu medio abiótico; a través de procesos como a depredación, o parasitismo, a competencia e a simbiose, e co seu medio ao desintegrarse e volver formar parte do ciclo enerxético e nutricional.

biocenose ou comunidade: Asociación de organismos de diversas especies (animais, vexetais ou microorganismos) que viven nun hábitat determinado formando unha comunidade integrada.

biotopo: Espazo xeográfico con determinadas condicións ambientais (como solo, auga, atmosfera, etc.) para o desenvolvemento de determinadas especies animais e vexetais.

especie: A especie é o grupo de organismos que poden reproducirse e producir descendencia fértil. En xeral, os individuos dunha especie son recoñecidos porque son similares en forma e función.

poboación: Unha poboación é un conxunto de individuos que habitan un determinado espazo xeográfico.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 36: Estudo dun ecosistemas (II).

Actividade 18: A guerra do auga.

Actividade 15: Calidade das augas.