Actividade 21: As dúas caras da Xeosfera.
1. Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo?
O núcleo interno está composto por metales. Principalmente estos son ferro e níquel, ainda que hai outros elementos, o seu estado é sólido, sendo unha gran bola metálica.
Por outra parte, o núcleo externo comparte unha composición moi similar ao interno, pero este está en estado líquido.
2. Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta?
Que o movemento dos ions metálicos do núcleo externo, alimentados polo calor do núcleo interno, xera o campo magnético da Terra.
3. Que relación hai entre litosfera e codia?
A codia é a capa máis externa ou superficial e difire na súa composición química do manto situado xusto debaixo. A litosfera, pola súa banda, non é unha capa individual en canto á composición química, senón unha rexión determinada polas súas propiedades reolóxicas que inclúe a codia e parte do manto.
4. Que diferenzas hai en espesor e composición entre a codia continental e a codia oceánica?
- A codia continental: ten un grosor aproximado de setenta quilómetros e a súa rocha máis abundante é o granito.
- A codia oceánica: ten un grosor aproximado de dez quilómetros e a súa rocha máis abundante é o basalto.
5. Na xeosfera hai correntes convectivas, donde e como son?
No manto terrestre obsérvanse correntes de convección. O manto quente está subindo desde a parte máis profunda, mentres que o manto de arrefriamento está a afundirse, creando unha corrente de convección.
2. incompleta
ResponderEliminar