1. Fai un esquema citando os métodos de estudo da Xeosfera.
Métodos directos: 6 tipos
- Observación de rochas superficiais.
- Sondaxes
- Minas
- Estudo das emisións volcanicas
- Estudo das rochas profundas que afloran na superficie: complexos ofioliticos
- Experiencias de laboratorio
Métodos indirectos: 3 tipos
- Estudo dos meteoritos
- Estudo das propiedades físicas da Terra
- Método sísmico
2. Compara os métodos directos e indirectos.
Os métodos directos basanse na observación directa da naturaleza e do comportamento dos materiais terrestres. Destes estudios obtense hipóteses sobre a composición e a estructura das zonas superficiais da Terra.
Os métodos indirectos empregan instrumentos que miden, desde a superficie, parámetros físicos das rochas do interior; ou baséanse no estudo de rochas que se poden comparar coas que se espera que existan no interior do planeta. Estes datos son posteriormente analizados e interpretados para suxerir hipóteses sobre a composición e estrutura das áreas interiores da Terra, que son inalcanzables por métodos directos. Os métodos indirectos pódense diferenciar en catro grupos: teóricos, de laboratorio, astronómicos e xeofísicos.
3. Cal é o fundamento do método sísmico?
Consiste no estudo de ondas sísmicas producidas por terremotos. Como esas ondas se desprazan polo medio a través de vibracións, se o medio ou as suas propiedades cambian, así o fai as ondas, polo cal se emitimos ondas e se producen variacións anormais na súa velocidade ou traxectoria, podemos decir que se produce un cambio nesa zona.
4. O estudo de meteoritos tamén pode aportar datos sobre a Xeosfera. Como?
É moi importante xa que nos proporcionan datos dos materiais que hai en determinadas zonas da Terra, así pois, tendo unha mostra de ditos materiais e estudando as suas propiedades, podemos determinar ou aproximar os minerais que forman unha capa da Terra, por exemplo o manto formado por silicatos. Para saber a composición do manto, tendo a mostra dun meteorito poderiamos a través da sua densidade estimar como transmitiría unha vibración parecida as das ondas P e S, por exemplo.
Comentarios
Publicar un comentario