Actividade 17: A dinámica das augas mariñas
A dinámica das augas continentais xa foi explicada no ciclo da auga, pero a dinámica das augas mariñas ten outras peculiaridades. Factores como os ventos, a densidade da auga, a súa salinidade e a súa temperatura, a influenza do Sol e da Lúa ou mesmo o relevo submariño condicionan dita dinámica.
En esta actividade tes que explicar brevemente como inflúe cada un dos factores citados anteriormente.
A dirección dos ventos globais, que determinan o sentido e a dirección do movemento das masas de auga superficiais. O movemento de rotación da Terra, que xera forza centrípeta nas zonas profundas dos océanos, provocando un movemento das masas de auga no mesmo sentido que o movemento de rotación; e unha forza centrífuga na superficie que provoca o movemento das masas de auga en sentido contrario ao movemento de rotación. A distribución das masas continentais, que condicionan a libre circulación da auga. A distribución da forza gravitatoria do Sol e da Lúa, que provocan as mareas. A densidade da auga do mar varía en proporción directa á salinidade e en proporción inversa á temperatura. Destes dous factores, a temperatura ten maior incidencia, polo que a auga máis densa é a dos mares polares. A diferente densidade das masas de auga fai que se despracen verticalmente, polo que as máis densas se sitúan por debaixo das máis lixeiras, que tenden a ascender, creando auténticas correntes de convección similares
Pouco explicado
ResponderEliminar