Actividade 14: A auga e vida.
1. Que base científica hai para considerala así? (propiedades e a súa relación ca vida)
A auga representa o 80% da composición da maioría dos organismos e intervén masiva e decisivamente na realización dos seus procesos metabólicos; así mesmo, desempeña un importante papel na fotosíntesis das plantas e serve de hábitat para unha gran parte dos seres vivos.
- Gran poder disolvente
- Elevado calor de vaporización
- Gran cohesión molecular
- Elevado calor específico
- Maior densidade a catro graos
3. A auga é un recurso vital. Que quere dicir a frase "a auga é un recurso renovable pero limitado".
Defínese recurso renovable como todo o que provén da natureza e que se xera máis rápido do que se consume. Grazas ao ciclo da auga temos auga para o teu uso e disfrute.
Pero non e inesgotable xa que so un 2.8% da auga e doce, pero dese porcentaxe hai que tamén quitar o porcentaxe de auga doce que non é potable. Para que a auga sexa potable, ten que ser potable, é dicir, debe someterse a un proceso de eliminación de microorganismos e minerais patóxenos. Tampouco hai que esquecer que moitos residuos bótanse á auga, contaminándoa e, polo tanto, inadecuada para o seu consumo e uso.
A todo isto hai que engadir que non todas as partes do mundo reciben a mesma cantidade de auga e ademais canto máis crece a poboación, máis valiosa se fai. Un terzo da poboación mundial vive en zonas onde a auga a miúdo é escasa e un de cada seis habitantes non ten acceso a auga potable.
O uso excesivo da auga e a distribución desigual das precipitacións fan que a auga sexa un ben escaso. Se seguimos bombeando auga a gran velocidade e botando descoidadamente residuos, a auga en breve converterase nun recurso non renovable e converterase no novo petróleo: un recurso caro e difícil de conseguir.
Comentarios
Publicar un comentario