1. Como se orixinou a Hidrosfera?
A medida que a Terra se arrefriaba e se solidificaba, algunhas substancias -como o vapor de auga- condensaron, provocando as primeiras choivas (que non se parecerían en nada ás que temos hoxe). Deste xeito a Terra comezou a acumular auga na súa superficie, creando a hidrosfera.
2. Dende a orixe da Terra prodúcese un intercambio constante de auga entre a hidrosfera e o manto, o que permite manter practicamente constante o seu volume. Como é ese intercambio?
Este intercambio está condicionado polo movemento de translación da Terra, as diferenzas de temperatura debidas á insolación terrestre, a incidencia dos ventos e a gravidade da Lúa e do Sol.
3. Relacionado co anterior, a medida que a Terra se vai arrefriando os procesos tectónicos vanse detendo como afecto isto ao auga?
Afecta de forma na que sube o nivel do mar, pero tamén é posible que a auga ao quedarse en estado solido no manto non chegaría a volver a superficie e o nivel do mar baixaría.
4. Podemos facer unha distinción entre as augas doces e salgadas, como se orixinan e en que se diferencian?.
O 70% da superficie terrestre é auga pero a maior parte é auga do océano e só o 3% de toda a auga do mundo é auga doce. O termo "auga doce" xurdiu do contraste e comparación con outro tipo de auga que é "auga salgada" e así se formaron estas dúas grandes categorías.
En aparencia, a auga salgada e a doce parecen igual, pero o que realmente marca a diferenza é a súa composición, onde a atopamos e os usos que se lle dan.
A auga doce é a que dentro da súa composición ten o mínimo de sales minerais disoltas, especialmente o cloruro de sodio. A través dos sistemas de tratamento de auga, a auga doce pode converterse en potable e mediante a purificación, a auga pode ser consumida polos humanos cun risco mínimo. Ademais do seu consumo, a auga tamén se utiliza para outras actividades como lavar e limpar, bañarse e mesmo para producir enerxía.
A auga doce provén de fontes como ríos, lagos, fervenzas, mananciais e lagoas; así como na súa forma sólida en casquetes polares, glaciares e masas de xeo.
Por outra banda, a auga salgada é unha solución a base de auga que contén dentro da súa composición unha elevada cantidade de sales minerais (35%), que lle confiren o seu sabor característico (salgado). Estes minerais refírense principalmente ao cloruro de sodio, normalmente coñecido como sal de mesa.
A auga salgada é a que forma os océanos e mares do planeta e estes dous xuntos suman o 97% da auga total que atopamos na hidrosfera.
3. mal
ResponderEliminar