Actividade 4: Características dos sistemas.

 1. Que características debe de ter todo sistema?

De acordo á teoría xeral coa cal se estudan os sistemas que sexan de todo tipo, o sistema está fundamentado en tres principios característicos:

- Os sistemas son abertos: non se illan dos outros sistemas externos, aínda que ás veces estúdanse desta maneira. Todo sistema dá e recibe información, a cal pode ser materia ou enerxía, a outros que o compoñen.

- Os sistemas son parte doutros sistemas: todo sistema compón a unha engrenaxe máis grande que ao mesmo tempo funciona como un sistema. Cando se fala sobre un sistema en concreto, déixanse de lado todos os demais relacionados a el.

- As funcións que ten un sistema seguen á súa estrutura: as necesidades e o funcionamento dun sistema dependerán da maneira específica na cal este elaborado este sistema.

2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado; un sistema aillado.

Sistema estático: Un recipiente con auga, no que non entra nin sae líquido (e como consecuencia o nivel permanece constante).

Sistema dinámico: Sistemas físicos en situación non estacionaria

Sistema aberto: O planeta terra 

Sistema pechado: Un motor a combustión 

Sistema aillado: Unha bombona de gas

3. Que é un modelo?

Son representacións simplificadas da realidade, que se elaboran para facilitar a súa comprensión e estudo, que permiten ver de forma clara e sencilla as distintas variables e as relacións que se establecen entre elas.

4. Cal é a diferencia entre un modelo de caixa negra e un de caixa branca?

No modelo de caixa negra, nos so estudamos a relación do sistema co exterior, omitindo as relacións no interior de este. Por outra parte, nun modelo de caixa branca, nos podemos observar ambas relacions, as internas e as externas. Aplicado a terra seria un modelo de caixa negra xa que non estudamos a atmosfera nin a bieosfera.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 36: Estudo dun ecosistemas (II).

Actividade 18: A guerra do auga.

Actividade 15: Calidade das augas.