Actividade 2: As ciencias da Terra e o método científico.

1. Que quere dicir ca materia ten un enfoque multidisciplinar.

O enfoque multidisciplinario é o que combina ou involucra varias disciplinas académicas ou especializacións profesionais nun mesmo ámbito ou os pon a traballar conxuntamente para a resolución dun problema. Entonces que a materia ten un enfoque multidisciplinar significa que durante o curso estudaremos diversas materias.

2. Cales son os compoñentes do que chamamos medio ambiente.

O medio ambiente natural comprende compoñentes físicos, tales como aire, temperatura, relevo, chans e corpos de auga así como compoñentes vivos, plantas, animais e microorganismos.

3. Neste curso terás que facer e interpretar mapas de conceptos o mentais. Como introdución converte o mapa de conceptos nun texto.

O medio ambente inclue tanto os factores do medio como ao seres vivos, estes ultimos conforman a biosfera. Os factores do medio poden ser de catro formas, climaticas, que son orixinados pola atmósfera , tamén estan os físico-químicos, que estan presentes en tres capas da Terra, a atmósfera, a hidrosfera e a xeosfera, outro factor é o biotico producido polos seres vivos e os sociales creado polos humanos. Os catro subsistemas antes dito conforman o sistema Terra.

4. Imos a aplicar o método científico a un exemplo moi sinxelo e concreto: Supoñamos que teño unha horta ben coidada, sempre teño de todo pero este ano as tomateiras medran máis débiles e acaban morrendo. Que lles está pasando?

  - Tes que indicar todos os pasos do método aplicados ao exemplo empezando pola identificación do problema.

O problema encontrado é que as tomateiras medraron moi debiles. O seguinte paso sería coñecer os posibles sucesos polos cales as tomateiras medren debiles. As posibles circunstancias son que o chan non teña suficinte calcio ou faga moito frio ou calor.

5. Cal é a diferencia entre hipótese e teoría. Busca na rede un exemplo de cada unha indicando por que se lle considera así.

As teorías son unha explicación amplia para unha variedade de fenómenos e incluén moitas hipóteses e leies. Dentro do método científico un dos elementos clave é a formulación dunha hipóteses. A hipótese é o intento de explicar algún fenómeno ou problema que poida ser corroborado pola observación ou a experimentación.

Hipótese: Unha primeira hipótese podería ser que a esperanza de vida dos elefantes sexa de 70 anos. Para formulalo teremos que ter verificado a idade na que morren a maioría dos exemplares de elefante segundo os rexistros. Unha vez recollidos os datos, calcularemos a media para comprobar que, efectivamente, estes animais morren cando alcanzan unha cifra que rolda os 70 anos.

Teoria: A teoría da evolución é o modelo científico que explica a orixe das especies e o seu paulatino cambio no tempo, como resposta adaptativa (tanto física como xenética) aos cambios que se producen ao seu redor.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 36: Estudo dun ecosistemas (II).

Actividade 18: A guerra do auga.

Actividade 15: Calidade das augas.